NOVIDADES 23 24 copia
IMG_20230428_185443
lentes avó (3)

NOVIDADES PARA O CURSO 2023 – 2024

 

Rematou o verán e como nos ensinaron os nosos antergos é hora de recoller os froitos de todo este ano traballado. Na Trastenda dos Contos presentámosvos as novidades máis importantes para este curso por comezar. Trátanse de tres propostas ambiciosas e moi pouco comúns que neste 2023 nos fixeron medrar como compañía e que xiraron por algunhas das grandes citas escénicas da nosa terra. Convidamos a que lle botes unha ollada aos enlaces e que nos contactes para calquera dúbida que poida xurdir.

 

Para público infantil e familiar este ano exprimimos o verán e traemos o noso novo espectáculo de narración oral e narración en lingua de signos. Trátase dun proxecto escénico ambicioso pensado para salas, teatros e auditorios onde se mistura o teatro de persoaxes máis clásico, coa narración oral e a expresividade propia da lingua de signos. Con estes vimbios teceremos un vistoso espectáculo cheo de movemento, miradas cómplices e fermosas sincronías que nos contarán unha historia sobre a amizade, os medos e a xestión emocional.  Este espectáculo estrearase este 11 de outubro no seo do “FIOT de Carballo” e foi seleccionado para o “Festigual” da coruña.
É MEU AMIGO!

 

Tamén para público infantil e familiar traemos nesta ocasión un espectáculo multidisciplinar onde o gran ilustrador Marc Taeger e Caxoto se miden nun man a man enriba do escenario cada un dende a súa especialidade: Marc debuxando contos e Caxoto contando debuxos. Unha función trepidante e divertida que ven de triunfar no Programa Rechouchíos (Moaña) e Ruada das Xoubas (Coruña).
CONTOS DEBUXADOS,…

 

E xa para público adulto e adolescente traemos un novo espectáculo que foi estreado fai uns meses no seo do Festival de Narración Oral Sete Falares (Pontevedra) con gran éxito entre o público que enchía a Capela de Santa Clara. Un espectáculo co mar de fondo cargado de olor a salitre e horizontes infinitos onde Caxoto pon rumbo cara ao noso segundo fogar… o mar.
CONTOS CON MAR DE FONDO

 

 

 

Tags: