CONTOS DEBUXADOS, DEBUXOS CONTADOS
CONTOS DEBUXADOS
TÍTULOS MARC copia

CONTOS DEBUXADOS, DEBUXOS CONTADOS (MARC TAEGER & CAXOTO)

 

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra escrita?… que xorden os grandes álbums ilustrados.

 

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra contada?… pois que xorde “CONTOS DEBUXADOS, DEBUXOS CONTADOS”.

 

O ilustrador MARC TAEGER e o contador de contos CAXOTO executan este man a man escénico nun perigoso experimento que non foi autorizado por ningunha autoridade competente. Dun lado a picaresca, o trazo conciso e a fantasía visual de Marc e doutro lado a retranca, a voz firme e o maxín bule bule de Caxoto.

 

E por se iso fose pouco, nun triplo salto mortal a esta mistura engadímoslle a participación imprevisible do público… Que temos como resultado? Pois un espectáculo cheo de vitalidade, situacións esperpénticas, personaxes inesquecibles, creatividade desbordada, algunha que outra liorta escénica e moita, moitísima diversión.

 

 

DESCARGAR FICHA

Tags: