Na Trastenda dos Contos non entendemos o noso traballo sen a presencia dos libros como fonte de historias e feitos que narrar, como inspiración de personaxes e contextos que nutren o noso imaxinario, como espazo de reflexión sobre as realidades e as fantasías,… e por suposto simplemente como lugar de repouso e divertimento.
Por iso dende que comezamos nisto do contar sempre entendemos o libro, as bibliotecas, a animación á lectura,… como eixes vertebradores do noso traballo e unha militancia persoal da nosa escolla.
Abril é o mes dos libros por excelencia coa celebración do DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (02 Abril) e o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO (23 Abril) e na Trastenda dos Contos tempos propostas para todas as datas, todas as idades e todos os escenarios posibles:
PARA BEBÉS:
– Manual para deitarse e durmir
PARA PÚBLICO INFANTIL:
PARA PÚBLICO XUVENIL OU ADULTO:
– Renacemento para principiantes