a trastenda dos contos a trastenda dos contos

Sobre a
trastenda / Caxoto

A TRASTENDA

Acabas de entrar na TRASTENDA DOS CONTOS un lugar onde a NARRACIÓN ORAL o asulaga todo. Un espazo onde a palabra contada se cociña en forno de leña e se leva á mesa baixo todo tipo de presentacións: Escrita, en lingua de signos, en obradoiros, con música tradicional,... e por suposto, contada a lume lento de lareira.

PÚBLICO ADULTO

A narración de Caxoto defínese hoxe en día como intensa, emocional, retórica, chea de xiros e case sempre cómica cando non bufonesca. Un transitar entre as emocións, os ritmos, os tonos, os tempos, ... nos que o conto e o contar son todo un. No seu repertorio como en botica un pouco de todo: tradición oral, historias de vida, feitos históricos, contos de creación propia e algo de conto literario.

PÚBLICO FAMILIAR

Caxoto conta para crianzas de ti a ti, sen falsas voces nin temas tabú. O seu contar é un diálogo co público; un espazo onde non parar de xogar. Se a iso lle sumamos unha imaxinación desbordante e a súa capacidade de improvisación temos como resultado un espectáculo que en cada función segue o seu propio camiño.