FAMILIAR

Na narración oral para público familiar Caxoto conxuga artes tan dispares como teatro, música en directo, baile tradicional, papiroflexia extrema… A través delas aborda contidos como a igualdade de xénero, as tradicións e cultura galegas, a xestión emocional, a diversidade sexual… Con estes ingredientes cociñamos a lume lento os vindeiros espectáculos.