É MEU AMIGO (LINGUA SIGNOS LINGUA ORAL)
SVJ lentes avó (2)
lentes avó (1)

… É MEU AMIGO! (Lingua de signos – lingua oral)

 

Despois de estrear o seu primeiro espectáculo xuntas en lingua de signos e lingua oral “Unhas lentes como as do avó”, Gema e Caxoto axiña entenderon que aquilo non ía quedar nun único proxecto. Segundo se sucedían os ensaios e representacións xurdían a cada momento novas ideas e novos enfoques  á hora de conxugar estas dúas linguas nunha nova proposta escénica.

 

Con calma, tempo e moito probar e desbotar, xurde este novo espectáculo de escoita cas orellas e cas mans, que nos fala sobre a fraxilidade humana, pero tamén sobre a sua maior fortaleza… a amizade.

 

Martiño é un rapaz introvertido nun mundo demasiado exposto. Pero aínda que lle abonde un recunchiño de parque para xogar, no seu maxín collen mil mundos, mil aventuras, mil personaxes… Só quen teña o don da curiosidade e a ferramenta da empatía poderá adentrarse con el nunha aventura que case sen darse conta remate no máis alto do Everest.

 

Unha historia en lingua de signos e lingua oral sobre a amizade, a comunicación, os medos e a xestión emocional apta para todos os públicos.

 

DESCARGAR FICHA