LINGUA DE SIGNOS – LINGUA ORAL

 

No 2016 baixo o paraugas do Festival  Atlántica xermola unha idea longamente acariciada entre Gema Santos (intérprete de signos) e Caxoto (narrador oral): Crear un espectáculo de contos onde a lingua de signos e a lingua oral convivisen de igual a igual enriba do escenario. Desta maneira nace o espectáculo “Unhas lentes como as do avó”. Nel as dúas linguas xogan e danza a unha coa outra, mostrándose e escondéndose dando lugar a unha fermosa historia narrada e coreografiada que deleita por igual ao público xordo e ao público ouvinte.

 

Actualmente este espectáculo segue xirando por auditorios e teatros de toda Galicia e está en proxecto a creación dun novo espectáculo que siga afondando nesta convivencia escénica.

ESCRÍBENOS!