FORMACIÓN

Dende fai xa ben anos Caxoto ven tirando dos seus coñecementos e experiencias arredor da palabra contada para iniciación e formación no eido da narración oral. Esta formación está dirixida a colectivos que ben polo seu traballo (escolas, bibliotecas,…) ou ben por interese persoal queren iniciarse no mundo do contar. 

Nestas formacións teórico-prácticas Caxoto compartirá a súa visión, ferramentas e algún que outro truquiño para guiar ás persoas participantes na búsqueda do seu “narrador oral interior”. Un adentrarse polo camiño do conto que cada quen deberá rematar despois polo seu propio pé.

ESCRÍBENOS!