Unhas lentes como as do avó

 

A primeira vez que Laura veu a dúas persoas falar en lingua de signos pasoulle o mesmo que a todos… non entendía nada!. Pero aquela idea de falar coas mans gustoulle moito así que aquela tarde, despois de facer os deberes, saíu ao xardín para imaxinar un mundo onde as persoas falasen coas mans.

 

Neste espectáculo a lingua de signos e a lingua oral conviven por igual no escenario. Un espectáculo para persoas xordas e ouvintes. Un espectáculo integrador cheo de fantasía, maxia e humor.

 

DESCARGAR FICHA

Tags: