MANUAL PARA DEITARSE… E DURMIR PORTADA
SDFG
SDFSGFHS

MANUAL PARA DEITARSE… E DURMIR (Bebés)

 

Moi poucos nenos e nenas hai que se vaian para a cama de boa gaña. Normalmente os preliminares a deitarse convértense nun proceso lento e exasperante no que calquera escusa se aproveita para retrasar o temido momento de apagar a luz e durmir. Limpar os dentes, facer pis, poñer o pixama, xogar co rolo de papel hixiénico, fantasear coas sombras da escuridade… convértense cada noite en pequenas aventuras que atesourar antes de conciliar o sono.

 

Neste espectáculo Caxoto regresa a estes intres antes de deitarse e convérteos nunha función de contos chea de aventuras, misterios sen resolver, visitas inesperadas,… e así desfrutar dunha viaxe á nosa nenez da man das nosas crianzas.

 

 

DESCARGAR FICHA

Tags: