Contos a pé de rúa

 

De todos os espectáculos de contos que Caxoto nos trae este é o que mellor se adapta a espazos exteriores (prazas, parques, campeiros, …)

 

Nel un barrendeiro fai unha entrada inesperada e ante un público expectante decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas bibliotecas e os colexios municipais. Algunhas veces contos de medo, outras contos cheos de fantasía, contos tradicionais, … todo misturado con xogos, cantigas, … un plan perfecto para escoitar sentados co cu no chan e os pés coma os indios.

 

DESCARGAR FICHA

Tags: