GRANDES ÉXITOS 2004-2024
15 09 13 FESTIVAL DA LUZ (2)
SVXJ UKELELE 2

GRANDES ÉXITOS: 2004 – 2024

 

Neste ano 2024 Caxoto cumpre 20 anos enriba dos escenarios contando contos por toda Galicia e media España. En todo este tempo o conto foi o principal ingrediente do seu traballo… pero non o único!  Se os contos foron o sal, a música foi a pementa.

 

A través das cantigas tradicionais, dos xogos musicados, dos instrumentos peculiares,… Caxoto foi xuntando todo un amplo repertorio musical que vai dende o jazz chairego de Manuel María, á bossa nova mariñeira, pasando pola nosa rica tradición musical e as cantigas infantís de toda a vida. E todo no mellor acompañamento musical posible: Gaita, pandereta, ukelele, whistle, ácordeón, birimbao, xilófono,…

 

Para celebrar as dúas décadas vivindo do conto, Caxoto fai unha selección de todas estas cantigas, contos e xogos neste “Grandes éxitos 2004-2024”. Un espectáculo divertido e participativo para todos os públicos… e todas as gorxas.

 

DESCARGAR FICHA

Tags: