UN RAPAZ DE ALDEA (Memoria de dous nenos labregos)
SVJ CAXOTO TABURETE
libro memorias neno labrego

UN RAPAZ DE ALDEA (Memoria de dous nenos labregos)

 

“Caxoto é un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén…”

E é verdade!… Ao igual que Balbino, Caxoto naceu na aldea, coidou das vacas, tivo liortas con outros nenos… e cando as cousas lle bulían na cabeza tamén as apuntaba nun caderno.

 

Era a década dos anos 90 cando no televisor dunha aldea galega só había 3 canais de televisión, cando unhas olimpíadas en Barcelona e unha feira enorme en Sevilla eran os eventos do século,…. cando nas cintas de casete soaba indistintamente os éxitos de Ana Kiro e un tal Kurk Cobain.

 

Naquel alonxado  1993 un gran escritor veu de visita ao colexio… chamábase Xosé Neira Vilas e para preparar a visita, todo o alumnado lera o seu “Memorias dun neno labrego”

 

Neste espectáculo, a través dos paralelismos dunha infancia na aldea pero en tempos moi distintos, Caxoto fai un percorrido polas “Memorias dun neno labrego” nun doble salto mortal de viaxes no tempo través da palabra contada no que seremos a un tempo crianzas na postguerra e crianzas a piques de cambiar de milenio.

 

 

DESCARGAR FICHA

Tags: