Unha noite no muíño

 

Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleitas e sementes, a malla, ir ao muíño moer, … eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.

 

Neste espectáculo Caxoto fai un percorrido por esas tradicións, cóntannos como se adivertían as nosas avoas e avós e converte o escenario nun local de baile improvisado onde escoitaremos de muiñeiras, agarrados, pasodobres, … ao son dos nosos instrumentos: gaita, pandeireta, acordeón, … e quen sabe? … cun pouco de sorte incluso aprendemos a bailar unha sinxela muiñeira.

 

DESCARGAR FICHA

Tags: