UNHA GALAXIA DE LETRAS GALEGAS
Sin título-1 copia
Sin título-52 copia

UNHA GALAXIA CHEA DE “LETRAS GALEGAS” (Fco Fernández del Riego)

 

Francisco Fernández del Riego foi sempre un home entregado a unha causa: Que a lingua galega e a súa literatura brilasen con luz propia na noite dos tempos. A tal fin adicou a súa vida e obra e por iso este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

 

Sendo como foi un dos pais deste festexo no que cada ano celebramos as nosas letras e as plumas que as escribiron, na Trastenda dos Contos pensamos que unha boa maneira de homenaxealo sería dando un paseo espazotemporal a través dunha Galaxia chea de Letras Galegas a partires da súa traxectoria vital.

 

Neste espectáculo para toda a familia Caxoto amosa os seus coñecementos de Astronomía facendo un percorrido por algunhas das nosas estrelas literarias máis rutilantes e así falarnos das súas vidas e das súas obras. Unha viaxe sideral que partirá dende a nosa máis escintilante estrela Rosalía de Castro e pasará por outros corpos celestiales como Castelao, Manuel María, Xela Arias, Cunqueiro… nunha homenaxe da literatura galega a un dos seus máximos benfeitores: Francisco Fernández Del Riego

 

DESCARGAR FICHA

Tags: