“Un Paxe Real en Apuros” tráenos a visita dun dos axudantes das súas maxestades os Reis Magos. Está un pouco alterado porque está pasando por unha das épocas máis complicadas do ano xa que nestes días non hai descanso: Envolver agasallos, mirar quen se portou ben ou mal, ler todas as cartas, o atracón de traballo da noite de Reis… Por todo isto o paxe está ó borde do colapso quedándose durmido en calquera esquina e cos nervios a flor de pel.
Unha vez que se tranquilice o Paxe Real falaranos do que hai que facer na noite de reis, que deixarlles de comer, a importancia de non deixar un monopatín no chan, … e por suposto de non esquecerse facer pis antes de ir para a cama.