RENACEMENTO PARA PRINCIPIANTES
vitruvio4

Renacemento para principiantes

 

Estando un día Caxoto preparando unha función de contos para público infantil arredor de Cervantes e Shakespeare viu que o Renacemento foi un tempo moi tolo onde calquera cousa podía pasar. A partires de aí Caxoto foi recopilando estas grandes historias e pequenas curiosidades de figuras tan senlleiras como Cristobal Colón, Copérnico, Gutemberg, os artistas do renacemento italiano,… ou xa na nosa terra por poñer un exemplo María Pita.

 

De toda ese material recopilado sae unha función de contos erudita fiada coa comicidade que Caxoto lle aporta a todo o seu traballo. Unha viaxe a un tempo no que o ser humano decidiu ser a medida de todas as cousas.

 

DESCARGAR FICHA

Tags: