CAXOTO CARTEL O GAROTO DO IPANEMA FLORENCIO D GURRIARÁN PORTADA
FLORENCIO DELGADO COPIA
WEB INTERNA

O GAROTO DO IPANEMA

(FLORENCIO D. GURRIARÁN)

 

Cando estamos de festa abrimos unha botella e brindamos. Cando estamos tristes afogamos as nosas penas nunha botella. En botellas gardamos os máis prezados perfumes, os máis perigosos velenos e as máis beneficiosas menciñas.

 

A vida de Florencio D. Gurriarán estivo moi ligado ás botellas que o acompañaron no seu periplo vital. Dende os viños do seu Valdeorras natal, pasando polas festas e repichochas da súa mocidade… ata a botella na que el e os seus compañeiros de exilio meteron unha mensaxe de despedida para tirala ao mar cando pasaban fronte ás costas galegas camiño a unha nova vida… un novo fogar.

 

Caxoto recolle a metáfora da botella para darlle forma a esta función de contos onde  coñeceremos a vida e obra do poeta. Para iso destaparemos, xogaremos e incluso faremos música coas botellas que marcaron a súa vida. Unha función na que maridar música, contos e os versos do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas.

 

 

DESCARGAR FICHA

Tags: