Tódalas noites a avoa Sara subía á habitación do seu neto máis cativo, sentaba na súa cama e facía dúas cousas. Primeiro contáballe un conto e despois cantáballe unha cantiga. Cos primeiro compases daquela cantiga o seu neto máis cativo Caxoto quedaba durmido coma un tronco cada noite.
Con este espectáculo, Caxoto recolle estas lembranzas de entre as brumas da memoria e tenta recompoñer as sensacións, as emocións, a fantasía, a maxia dos primeiros pasos, dos primeiros contos,… nunha función para nenas e nenos de 1 a 4 anos.