TEMOS NOVO E INTERACTIVO CATÁLOGO DE ESPECTÁCULOS!!!

 

Dentro da remozada imaxe que vimos de presentar estes días na Trastenda dos Contos queremos presentarvos tamén o noso tamén remozado e interactivo CATÁLOGO DE ESPECTÁCULOS. 

 

Nel atoparedes todos os nosos espectáculos (xunto coas últimas novidades), todo mellor ordenado, con información máis detallada e concreta, cun índice interactivo que te levará directamente ao espectáculo que che interese consultar… vamos, que non terás excusa para non contratarnos :-p 

 

Contos para bebés, público infantil ou público adulto. Contos para todas as épocas do ano. Contos para volver ás nosas tradicións. Contos para os tempos que corren. Contos cheos de música, xogos e risas. Contos para coñecer as nosas letras.  Contos para viaxar a outros tempos ou outros lugares. Contos cheos de emocións. Contos eróticos. Contos de medo. Contos para escachar coa risa… E así como en botica, na Trastenda dos Contos atoparás un conto para case cada ouvido.  

 

Deixamos xa que lle botedes un ollo e coma sempre non dubidedes en contactarnos para calquera cousiña.

 

DESCARGAR CATÁLOGO

Tags: