Rematou o verán e como nos ensinaron os nosos antergos é hora de recoller os froitos de todo este ano traballado. Na Trastenda dos Contos presentámosvos as novidades máis importantes para este curso por comezar. Trátanse de tres propostas ambiciosas e moi pouco comúns que neste 2024 nos fixeron medrar como compañía e que xiraron por algunhas das grandes citas escénicas da nosa terra. Convidamos a que lle botes unha ollada aos enlaces e que nos contactes para calquera dúbida que poida xurdir.
Para público infantil e familiar traemos un recopilatorio. Neste ano Caxoto ven de curmprir 20 anos contando contos… que xa é dicir!. Sentindo que posiblemente xa non lle quedarán outros 20 anos enriba dos escenarios estimou que era tempo de facer un espectáculo recopilatorio cos seus maiores hits ata o momento. E coma é un flipado decidiu poñerlle de título “Grandes éxitos 2004-2024”. De resultas temos un espectáculo moi dinámico, entrañable, cheo cantigas, saudades e risas. Un espectáculo para toda a familia que se adapta coma un guante a calquera franxa de idade.
Tamén para público infantil e familiar traemos como novidade un espectáculo que nos fustes pedindo ao longo de todos estes anos. Un espectáculo de contos e música arredor da nosa escritora nai “ROSALÍA DE CASTRO”. Esta función achégase á nosa poeta a través da súa vida e obra… pero tamén a través da súa herdanza facendo unha visita ás poetas que tras dela seguiron abrindo o camiño para a muller dentro das letras galegas.
SOMOS RÍOS, SOMOS FONTES,…
E xa para público adulto e adolescente traemos o noso último espectáculo que foi estreado no seo do Festival de Narración Oral Sete Falares (Pontevedra) con gran éxito entre o público que enchía a Capela de Santa Clara. Un espectáculo co mar de fondo cargado de olor a salitre e horizontes infinitos onde Caxoto pon rumbo cara ao noso segundo fogar… o mar.
CONTOS CON MAR DE FONDO