PRESENTACIÓN DUNHA NOVA IMAXE PARA UN NOVO TEMPO

 

Xentiña!!! 

 

Dende a Trastenda dos Contos queremos informar que unha vez que xa pasamos o máis gordo desta disparatada pandemia, damos por inaugurados estes novos tolos anos 20. 

 

Para un momento tan especial, ao longo deste verán na Trastenda fixemos un arranxo de chapa e pintura que nos quitou polo menos 20 anos de enriba: Baleiramos os estantes, fixemos inventario, renovamos o produto e volvemos a colocalo todo no seu sitio. 

 

Deixamos xa que entredes a remexer na nosa web, que disfrutedes da nova remozada imaxe, que lle botedes un ollo aos produtos expostos nos estantes, que asexedes nos proxectos en marcha e nos que están por vir,… e xa sabedes, para calquera cousiña podedes contactarnos sen compromiso ningún. 

 

Grazas por seguir contando coas nosas propostas e que nos sigamos vendo, sexa enriba ou abaixo dos escenarios.

 

Un bicazo! … CAXOTO. 

 

P.D.: Grazas á xentiña de Salvaje e  Voltaxe pola visión, o traballo e a paciencia.

 

Tags: