Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleitas e sementes, a malla, ir ao muíño moer, … eran todos traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.
En todas estas festas e foliadas tiñan un papel prinmordial as cantareiras; tal é así que este ano adícaselles o DÍA DAS LETRAS GALEGAS a 5 desas cantareiras que axudaron a manter vivas as nosas tradicións compartindo coas novas xeracións as súas cantigas, o seu xeito de ver a vida, a súa retranca. Elas eran Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar.
Caxoto leva dende os 6 anos ligado ás musica e ao baile tradicional e actualmente milita nun dos grupos de cantareiros máis lonxevos… OS MAGHÚA. Con toda esta traxectoria tráenos unha función de contos, cantos, bailes,… que ten por fin último manter viva a memoria destas 5 mulleres e levarnos nunha viaxe no tempo a aqueles tempos onde unha noite no muíño, unha noite non era nada.