Un barrendeiro (ou como el prefire que lle digan mozo da limpeza) que pasa polo escenario aproveita que o espectáculo aínda non vai comezar para esixir que se deixe de tirar cousas ó chan. Está farto de recoller chicles, papeis, pano dos mocos e avoas en bo estado de uso. Farto de que ninguén recicle o lixo. Farto de pisar cacas de can!.
A partir deste comezo un pouco excéntrico o seu discorrer escénico irá virando cara un tono máis amable dende o que a través de contos, dinámicas e cantigas sensibilizar en contidos relativos ao coidado ambiental.
Un espectáculo lúdico pero tamén didáctico no que aprender a coidar o noso planeta como se fose a nosa casa… o noso lar.