UN LIBRO BAIXO A ALMOFADA PORTADA
CONTOS-A-PE-DE-RUA-4
CONTOS-A-PE-DE-RUA-3

UN LIBRO BAIXO A ALMOFADA (Lit. infantil)

 

Cando era pequeno a Caxoto custáballe prender o sono e sempre que podía retrasaba a hora de irse para a cama con calquera escusa. Un día viu ao seu irmán maior lendo antes de durmir e por imitalo colleu el tamén un libro… cando se quixo dar conta xa era a mañá do día seguinte e disfrutara dunha noite chea de soños e aventuras que quixera repetir.

 

Dende aquel día, como un pequeno ritual, todas as noites Caxoto collía un conto e poñíase a ler antes de durmir. Cando sentía que o sono prendía nel pechaba o libro, gardábao debaixo da almofada, puña a cabeza enriba e coas últimas imaxes lidas no libro deixábase levar cara ao mundo dos soños.

 

Este é  un espectáculo homenaxe aos libros clásicos lidos na infancia, os libros que nos marcaron e sentaron a base do que somos, os libros que nos levaron polas nosas primeiras aventuras e fantasías.

 

DESCARGAR FICHA

Tags: