CARTEL BEGOÑA CAAMAÑO
Corsi_Corsi_-_A_depiction_of_Penelope_wife_of_Odysseus_with_her_attendants_-_(MeisterDrucke-1411999)
SVJ MEGÁFONO

EU TAMPOUCO NAVEGAR (BEGOÑA  CAAMAÑO)

 

Desta volta o Día das Letras Galegas volve estar adicado por terceira ano consecutivo a unha muller… e o que aínda queda para equilibrar a balanza!. Os tempos van cambiando e ata as institucións máis antergas caen na conta de que esta sociedade non é nada sen unha das súas metades; as mulleres.

 

Se alguén era consciente disto era sen dúbida a homenaxeada deste ano BEGOÑA CAAMAÑO que defendeu o dereito a “ser” e “facer” da muller por riba de todas as loitas baixo dúas premisas: “A revolución ou é feminista ou non é” e “Cada xeración ten a obriga de reescribir os seus mitos”.

 

Destas dúas coordenadas xorden as súas dúas obras principais nas que reescribe algúns dos nosos alicerces fundacionais: A Mitoloxía Grega e o Ciclo Artúrico.

 

“Eu tampouco navegar” recolle unha idea de sociedade no que entender que  a muller non quere facer as cousas igual que as fan os homes, se  non simplemente poder facelas… e ao seu xeito. Neste espectáculo adaptable tanto para público infantil/familiar como para público adolescente/adulto, Caxoto viaxa na palabra contada á través desta vida, desta obra e destas ideas nun espectáculo dinámico e divertido no que revisar os clásicos, facer algunha que outra reflexión e celebrar as nosas letras.

 

DESCARGAR FICHA

Tags: