Don Carnal (Contos desvergoñados)

 

Botaba en falta Caxoto unha función de contos máis irreverente para público adulto; lonxe de lareiras, colos de avoa e contos de meigas. Un espazo do contar para non andarse coas correccións políticas, para aqueles contos que quedan relegados ás últimas horas da noite e ás compañías pouco recomendables… os contos de Don Carnal.

 

Neste espectáculo deixámonos posuír polo espíritu cabareteiro dos anteriores tolos anos 20 para librarnos, aínda que só sexa por un anaquiño, das ataduras e padecementos do noso día a día.

 

Como un demo sobre os nosos hombreiros Caxoto levaranos da man co seu contar cara a outros tempos onde se conxugaba mellor conceptos como luxuria, blasfemia, esmorga…

…unha viaxe da que non querremos voltar!

 

DESCARGAR FICHA

Tags: