De aló de onde eu veño

 

“Eu non minto… todo o que eu vos conto é verdade” Esta é unha frase que Caxoto repite moito nas súas funcións e o certo é que nunca ninguén puido demostrar o contrario.

 

Para que unha persoa narradora conte sempre dende a verdade ten que forzosamente contar de si mesmo. E neste espectáculo iso é precisamente o que fai Caxoto: Contarnos quen é, de onde ven, das xeografías, das orixes, dos referentes, dos camiños escollidos e dos camiños rexeitados, das herdanzas, das tradicións,… unha viaxe ás raíces coa mirada retranqueira de quen xa comeza a estar un pouco de volta de todo… sen faltar á verdade.

 

DESCARGAR FICHA

Tags: