Dende que Caxoto comezou a contar contos alá polo 2005, a educación en valores en xeral e a igualdade de xénero en concreto, foi sempre un eixe transversal na elección do seu repertorio. Ese repertorio foi medrando e hoxe en día Caxoto conta cun amplo abano de historias e reflexións arredor da igualdade entre homes e mulleres: Os estereotipos, a coeducación, os tipos de violencia, a diversidade sexual … Un cartel que agocha tres espectáculos segundo a temática que se queira tratar:
– DIAGNOSTICANDO A IGUALDADE (Médico): Un médico ven a diagnosticar o sexismo. Traballamos contidos relativos á igualdade laboral (teito de cristal, brecha salarial, reparto laboral segundo o sexo, …)
– MOITO QUE LIMPAR! (Mozo da limpeza): Este mozo da limpeza aproveita os seus descansos para ler libros nas bibliotecas. Abordamos a presenza dos estereotipos na literatura infantil tradicional e na literatura en xeral.
– COAS MANS NA MASA (Cociñeiro): Un cociñeiro conta da súa experiencia nas tarefas do fogar. Tratamos nesta función aspectos relativos á coeducación, corresponsabilidade e conciliación familiar.