Galicia somos unha potencia na creación de contos do paranormal. Para iso soubemos dotarnos dun amplo elenco de sinistras personaxes que percorren pola noite os nosos camiños: A Santa Compaña, a Morte, o Sacaúntos, o Lobisome, os tronantes, as mouras, … Neste espectáculo achegámonos á nosa esencia máis escura para poñerlle un chisco de luz e achegala as nenas e nenos de todas as idades sen que iso lles quite o sono.
Un espectáculo para rirse do medo e deixarse levar ao embruxamento das antigas lareiras e gozar dos contos de medo … que deixan durmir.