CONTADO AS LETRAS GALEGAS EN CONSTRUCCIÓN
CANTAREIRAS
EN ANTERIORES EDICIÓNS copia
GURRIARÁN LETRAS GALEGAS

CONTANDO AS LETRAS GALEGAS (CANTAREIRAS E POESÍA POPULAR)

 

Cada ano, en torno aos meses de xaneiro e febreiro, Caxoto empápase coa vida e obra da persoa homenaxeada ese ano co DÍA DAS LETRAS GALEGAS e crea un espectáculo de contos a medida de cada escritor ou escritora. Nunca se sabe como vai ser ese espectáculo ata que vai avanzada a súa xestación pero a experiencia dinos que sempre haberá un achegamento á súa obra, ás súas personaxes, á súa vivencias,… sumerxíndonos de cheo no seu universo literario pero tamén vivencial… E ano tras ano (e xa van uns cantos) demostrouse que este espectáculo é unha aposta segura.

 

Ano tras ano Caxoto aplica toda a súa experiencia e os seus coñecementos ao servicio dunha función (por desgraza) efímera que nos vindeiros 6 meses percorrerá toda Galicia. Un espectáculo con música en directo, textos e contos adaptados, poesías cantadas, análisis das súas realidades persoais, sociais, laborais, visitas a autores/as da súa época… e sempre, como marca persoal da casa, aderezada cun bo feixe de gargalladas compartidas.

 

Un espectáculo para toda a familia no que reivindicar ás nosas letras e ás nosas plumas dende a narración oral adaptado para as distintas franxas de idade.

 

 

DESCARGAR FICHA

Tags: