CONTADO AS LETRAS GALEGAS EN CONSTRUCCIÓN
EN ANTERIORES EDICIÓNS copia
GURRIARÁN LETRAS GALEGAS

CONTANDO AS LETRAS GALEGAS

 

(Espectáculo arredor da persoa homenaxeada cada ano)

 

Cada ano, en torno aos meses de xaneiro e febreiro, Caxoto empápase coa vida e obra da persoa homenaxeada ese ano co DÍA DAS LETRAS GALEGAS e crea un espectáculo de contos a medida de cada escritor ou escritora. Nunca se sabe como vai ser ese espectáculo ata que vai avanzada a súa xestación pero a experiencia dinos que sempre haberá un achegamento á súa obra, ás súas personaxes, á súa vivencias,… sumerxíndonos de cheo no seu universo literario pero tamén vivencial.

 

Ano tras ano Caxoto aplica toda a súa experiencia e os seus coñecementos ao servicio dunha función (por desgraza) efímera que nos vindeiros 6 meses percorrerá toda Galicia. Un espectáculo con música en directo, textos e contos adaptados, poesías cantadas, análisis das súas realidades persoais, sociais, laborais, visitas a autores/as da súa época… e sempre, como marca persoal da casa, aderezada cun bo feixe de gargalladas compartidas.

 

Un espectáculo para toda a familia no que reivindicar ás nosas letras e ás nosas plumas dende a narración oral adaptado para as distintas franxas de idade.

 

 

DESCARGAR FICHA

Tags: