Estes dous autores son os pilares da literatura tal e como hoxe a coñecemos. Comparten a súa paixón polas letras, o pertencer a unha época chea de luces, …e por desgracia comparten tamén a data da súa morte. Na súa homenaxe escolleuse esa data para celebrar o Día do Libro.
A partires destes dous autores Caxoto achegaranos a esta época tan interesante na que o ser humano se decide a coñecer e entender o mundo no que vivimos. Unha viaxe chea de aventuras, emocións, descubrimentos, personaxes fascinantes… Unha viaxe no tempo para coñecer quen somos e de onde vimos.