Chegou xaneiro e devecemos por presentarvos as novas propostas para este ano 2023. Desta volta aterramos con 4 novos “produtos de tempada” nos estantes da nosa trastenda. Son todos proxectos que levan varios meses xestándose e algún deles incluso fixo medrar a familia trastendeira.
Aquí deixamos un breve resume de cada espectáculo e o enlace á súa ficha!
É inabarcable todo o traballo que Fco. Fernández del Riego fixo a prol do galego e da súa literatura. Sen ir máis lonxe propoñer a celebración do Día das Letras Galegas que este ano se lle adica a el. Neste espectáculo coñeceremos a súa vida e obra e aproveitaremos para facer un percorrido sideral por algunhas das nosas estrelas literarias: Rosalía, Castelao, Xela Arias,…
Un espectáculo que conxuga as lembranzas de nenez de Balbino e as lembranzas da nenez dun servidor. Narración oral pura para toda a familia feita de historias de vida e contos de lareira.
Un espectáculo a 4 mans cheo de complicidade, creatividade, retranca, … sen parar de xogar. Nun lado do rin o ilustrador de contos Marc Taeguer, e no outro extremo un contador de imaxes como Caxoto … e que sexa o que Deus queira!
Ficha CONTOS DEBUXADOS
Este título estará dispoñible a partires do segundo semestre del 2023 pero xa queremos que vaiades afíando os dentes caninos. Trátase do noso segundo espectáculo inclusivo en lingua de signos e lingua oral. Unha deliciosa viaxe da man de 3 historias que se entrelazan para falarnos da amizade, da xestión emocional e da integración.
Ficha É MEU AMIGO