Neste espectáculo Caxoto convértese nun peculiar carteiro que nos falará do seu xogo favorito: Soñar cos ollos abertos. Soñando cos ollos abertos pódese viaxar a mundos lonxanos ós que non se pode chegar doutra maneira.
Da súa man viaxaremos ó Mundo de Papel. Nel chove confeti, a roupa está feita de papel, as árbores teñen follas DinA4 e en vez de froita dan libros!
Neste mundo as rúas teñen nomes de escritoras e escritores galegos. Desta maneira pasearemos por cada unha das súas rúas na compaña dalgúns dos seus textos máis coñecidos.