Chega unha das primeiras citas deste novo ano 2022 coa celebración do 8M “Día da Muller”.
Como sabedes na Trastenda dos Contos levamos dende os nosos inicios traballando de maneira transversal arredor da igualdade, os estereotipos, a coeducación, a diversidade, …
Despois de todos estes anos contamos cun amplio abano de recursos escénicos e educativos para abordar estes contidos para todas as franxas de idade: Tres funcións distintas arredor da igualdade para público familiar, un espectáculo interactivo para público adolescente/adulto, un dos poucos espectáculos que hai arredor da diversidade sexual, … todo elaborado a lume lento misturando contos, xogos, cantigas, debates, datos contrastados… co fin de sensibilizar para unha igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.
Deixamos a continuación as nosas propostas arredor da igualdade e deixamos que lle botedes un ollo a fondo. Xa sabedes estaremos máis que encantados de resolver as vosas dúbidas sen ningún tipo de compromiso:
PARA INFANCIA:
– Contos vellos, novos finais (Contos de igualdade)
– Planeta LGTBIQ (Diversidade sexual)
PARA PÚBLICO ADOLESCENTE E ADULTO:
– Micromachista eu??? (Charla-contos de igualdade)