Como cada inicio de curso na Trastenda dos Contos facemos a nosa lista de propósitos; e desta volta un dos nosos propósitos iniciais é contarvos fácil e doado que é o que facemos nesta trastenda.
A continuación presentamos os nosos espectáculos organizados arredor dos obxectivos curriculares e axustados ao calendario escolar. Calquera cousa xa sabedes… 😘
Bo inicio de curso e BOA ESCOLLA!!!
PARA ESCOLAS INFANTÍS (0 a 3 anos)
– Manual para deitarse e durmir
FESTAS, TRADICIÓNS E PAPAROTAS
– Magosto: “Unha presada de castañas”
– Samaín/S. Xoán: Contos de medo que deixan durmir
– Entroido/Os maios/…: “Unha noite no muíño”
NADAL
– Apalpador: “O Apalpador conta con vós”
– Reis Magos: “Un Paxe Real en apuros”
IGUALDADE E XÉNERO
– Infantil e primaria: “Contos vellos, novos finais”
– Secundaria/P. Adulto: “Micromachista eu?”
– Diversidade sexual: “Planeta LGTBIQ”
EDUCACIÓN EN VALORES
– Lingua de signos:“Unhas lentes como as do avó”
– Ed. Ambiental: “Miña Terra meu lar”
– Xestión emocional: “Un corazón a flor de pel”