Na Trastenda dos Contos levamos traballando transversalmente contidos relativos á igualdade e ao xénero dende os nosos comezos alá polo 2004. Conceptos como violencia de xénero, estereotipos, micromachismo, doble xornada, coeducación, teito de cristal, fenda salarial… estiveron sempre presentes nos nosos espectáculos para abrir espazos de reflexión entre o noso público.
Despois de todos estes anos contamos cun amplio abano de recursos escénicos para abordar estes contidos para todas as franxas de idade: Unha función (que realmente son tres) arredor do xénero para público familiar, un dos poucos espectáculos que hai arredor da diversidade sexual e de xénero, un espectáculo interactivo para público adolescente/adulto,… Todo elaborado a lume lento misturando contos, xogos, cantigas, debates, datos contrastados… co fin de sensibilizar para unha igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.
Deixamos a continuación as nosas propostas arredor da igualdade e o xénero para que lle botedes un ollo a fondo. Coma sempre estaremos máis que encantados de resolver as vosas dúbidas sen ningún tipo de compromiso.
PARA INFANCIA:
– Contos vellos, novos finais (Contos de igualdade)
– Planeta LGTBIQ (diversidade sexual/xénero)
PARA PÚBLICO ADOLESCENTE E ADULTO:
– Micromachista eu??? (Charla-contos de igualdade)