
Este verán A Trastenda dos Contos presenta “CONTOS A PÉ DE RÚA” un espectáculo para levar a cabo en prazas, parques e rúas.
Chegou o verán e apetece botarse ás rúas. Na Trastenda dos Contos non somos menos e sacamos un espectáculo perfecto para disfrutar a pe de rúa. Un espectáculo no que conxugamos os contos, con xogos, música en directo e moitas risas. Un espectáculo perfecto para disfrutar na herba dun parque ou á sombra nunha das prazas das vosas vilas.
