O APALPADOR E UN PAXE REAL CONTAN CONTOS NA TRASTENDA

Chega o Nadal!. E con el van chegando os escaparates cheos de luces, os turróns de mil sabores, … e como non: As persoaxes do Nadal.

Dende fai varios anos na Trastenda dos Contos contamos con dúas destas personaxes que enchen de brillo a mirada das nenas e nenos. Por un lado acompañamos ó APALPADOR nas súas viaxes por todo galicia. Por outro tentamos tranquilizar a un pobre Paxe Real saturado de traballo nestas datas.

Neste dous espectáculos tanto o Apalpador como o Paxe Real nos contan como é a súa vida, de onde veñen, como fan para repartir tantos agasallos nas súas respectivas noites, anécdotas de entrar en casas alleas, …

Contos, ilusión, maxia do Nadal e moitas risas garantidas. Ponte en contacto con nós se queres consultarnos máis información ou consultarnos datas concretas.

2017-10-24T18:26:56+00:00